Instrumentos da educación ambiental
Instrumentos da educación ambiental

Instrumentos da educación ambiental

Para construír a Educación Ambiental cóntase con moitas ferramentas de traballo,
instrumentos que permiten chegar a moitos destinatarios en situacións moi diferentes:

  • A información e a comunicación ambiental. A información ambiental trata de dar a coñecer os feitos de forma comprensible. Debe ser veraz, rigorosa, actualizada e contrastada. A comunicación vai máis aló; é un proceso de interacción social, que debe axudar a entender os problemas ambientais clave, posibilitando tamén unha resposta cidadá construtiva.
  • A formación e capacitación. A formación de todo profesional é clave para lograr cambios sociais dado que todas as actividades teñen consecuencias ambientais directas ou indirectas. A capacitación debe entenderse como un proceso de formación continua, adaptable á situación socioambiental presente e futura, que presenta distintos graos de complexidade.
  • A participación, a través da cal se posibilitan profundos cambios persoais e sociais e refórzase a responsabilidade respecto ao medio ambiente.
  • A investigación e a avaliación. Con estas ferramentas coñecerase mellor a situación ambiental, cales son os coñecementos, actitudes e comportamentos cara ao ambiente e os resultados das accións educativas.
    É importante ter en conta o papel que desempeñamos todos, cada un desde a súa situación, para conseguir que o mundo que agora gozamos sexa un lugar onde podamos vivir unha vida digna e a herdanza desexable para deixar aos nosos fillos.