<span class="vcard">mafersa</span>
mafersa

Centros educativos e de traballo

O sitio onde estudamos ou traballamos é, en definitiva, unha extensión do noso fogar.  Por iso, os mesmos hábitos que desenvolvamos alí deberían repetirse neste espazo.

Pero, ademais:

Sería recomendable a implantación de sistemas de xestión ambiental internos, que informasen sobre que podemos facer para colaborar co noso medio ambiente desde cada centro educativo e de traballo.

OS RESIDUOS DE OFICINA TAMÉN TEÑEN DEPÓSITOS ADECUADOS

Sempre que se poida, deberíase utilizar papel reciclado, se é posible ao 100%. É fácil de atopar nas papelerías e o seu uso non é incompatible con fotocopiadoras nin impresoras. Ademais, sempre se debería usar o papel polas dúas caras.

Aproveitar mellor as oportunidades que ofrecen as nuevo tecnoloxías informáticas (como o correo electrónico), tamén axuda a aforrar papel.

A falta dun sistema de xestión ambiental no teu traballo ou centro, sería recomendable a elaboración de guías de “boas prácticas ambientais” redactadas cunha linguaxe sinxela e asequible para todos.

Por último, habería que fomentar a colaboración cos organismos responsables (administración sanitaria, servizos contraincendios, protección civil) e as asociación locais, na prevención de riscos ambientais e ameazas para a saúde, prevención de incendios, recollida selectiva de lixos, etc.