Gran parte da nosa vida desenvólvese no medio urbano. Por tanto, este é tamén un espazo ideal no que poñer a proba os nosos hábitos.
Ademais, eses mesmos criterios debemos facelos extensibles aos sitios que visitamos durante os nosos momentos de lecer.
Debemos respectar a contorna natural: previr incendios, non arroxar lixos, evitar molestar aos animais, non colleitar plantas ou rocas, etc. Non parece demasiado xusto destruír o que non é do todo noso: en gran medida, pertence aos que aínda non naceron.
Utilizar aloxamentos de tipo tradicional, xa que habitualmente cumpren unha función de apoio á economía rural.
ALOXAMENTO TRADICIONAL DUNHA CONTORNA RURAL
Para gozar da nosa cidade e mellorala, é necesario colaborar no coidado das zonas verdes, o mobiliario urbano, os monumentos e, en xeral todo aquilo que contribúa a facer a paisaxe urbano máis agradable.
As cidades son lugares vivos. Por eles debemos informarnos sobre as iniciativas de mellora ambiental que se estean levando a cabo nos nosos barrios e a nosa cidade, para, desta forma, poder colaborar activamente nelas.
